Descrición
Fonte cun pico de plástico, sen cubrir, que sobresae dun frontal de formigón, no que se pode ler gravado o ano 1989. A cunca é de pedra, con forma rectangular.
Polo trazado da estrada na que se atopa hai pintadas mascotas dunha carreira popular famosa na vila que leva o mesmo nome, a Carreira Pinga Pinga.
Galería fotográfica
Emprazamento
Atópase na encrucillada que une Igrexario (en Santomé de Piñeiro) con Allariz.
Localización
Lugar: Cancela – O Igrexario
Parroquia: Santomé de Piñeiro