Descrición
Preciosa fonte de cano único, realizado en pedra labrada que sobresar do frontón de pedra sobre o que se sustenta e cunha cunca de base rectangular ubicada ao nivel da rúa. Este frontón ten forma rectangular e remata as súas esquinas con acabados en formas xeométricas, mais o chamativo é a inscrición en forma de verso popular que se pode ler inscrito na pedra, unha pequena composición adicada ao mar.
Coroando a fonte está unha figura en pedra da Virxe do Carme, patroa do mar e dos mariñeiros e unha das figuras sacras de máis veneración no noso municipio e en todas as localidades costeiras.
Galería fotográfica
Emprazamento
Estrada construída e urbanizada para a convivencia peonil e vehicular nunha zona rural.
A ubicación da fonte é privilexiada, detrás da Igrexa parroquial.
Localización
Lugar: lgrexario.
Parroquia: Santomé de Piñeiro.