Descrición
Fonte dun pico formada por un frontón de pedra, cunha canle de pedra labrada. A cunca sobre a que cae a auga é de forma rectangular e está incrustada no chan.
A fonte ten un amplo espazo ao seu redor, cercado en pedra, cun banco que posibilita a estancia nela.
Galería fotográfica
Emprazamento
Situada ao carón dunha rúa preto do rego Gorgadas, xunto ao lavadoiro do mesmo nome.
Localización
Lugar: Xermade.
Parroquia: Santa María de Ardán.