Descrición
Fonte dun pico de pedra que sobresae dun frontón de pedra xunto á escaleira, sostido sobre unha base lonxitudinal a través da que discorre a auga ata chegar á cunca, tamén de pedra, que verte na pía do lavadoiro.
No seu frontón pode lerse unha inscrición tallada na pedra.
Galería fotográfica
Emprazamento
Atópase a uns 20 metros dunha vía ubicada no Cruceiro do Vento, con acceso por unha estrada existente entre dúas casas.
Localización
Lugar: Cruceiro do Vento
Parroquia: San Xurxo de Mogor