Descrición

Fonte cun pico metálico semicurvo que sobresae dun frontón de pedra, rematado cunha destacada peza de xeometría curva.

A cunca, tamén de pedra, está unida ao mencionado lavadoiro pero, ao contrario do que normalmente acontece, non cae a auga na pía, senón que a conexión co lavadoiro vén a través do frontón.

Galería fotográfica

Emprazamento

Ubícase na estrada de Marín a Bueu, no cruzamento co camiño de acceso ao Instituto de Educación Secundaria Chan de Monte.

Localización

Localización: Avda. Aviador Calviño, PO-550 Marín – Bueu.

Parroquia: San Xurxo de Mogor.

Mapa de Localización

Foto 360