Descrición
Fonte subterránea, a aproximadamente dous metros por baixo do nivel da rúa, con acceso a través dunha escaleira que baixa ata ela e que conta cunha varanda de seguridade.
A fonte nace dun muro de pedra que contén o terreo, a través dunha canle de pedra labrada que sobresae do muro.
A cunca sobre a que cae a auga condúcea ata o sistema de drenaxe de augas pluviais.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubícase nun lateral dunha rúa que entronca coa estrada provincial EP-1202, concretamente, na Avenida Antonio Naviera Villanuevam que une Santa María do Campo con Santomé de Piñeiro.
Localización
Lugar: Ameal
Parroquia: Santa María do Campo