Descrición
A Fonde de Pardacuña forma parte da construción do lavadoiro do mesmo nome, ao que se accede a través dunha escalinata de pedra. De pico de pedra, esta fonte ten base cadrada, tamén de pedra labrada, que se atopa incrustada nun banco lonxitudinal, que recolle a auga e a dirixe á pía do lavadoiro a través dunha canle que conecta ambas cuncas.
No frontón da fonte pode lerse unha inscrición na pedra na que se indica o ano de habilitación da mesma: 1931.
Galería fotográfica
Emprazamento
Está situada nun camiño do núcleo, xunto á estrada, nunha zona baixa á que se accede descendendo por unhas escaleiras.
Localización
Lugar: Pardacuña
Parroquia: San Xián de Marín.