Descrición
Fonte dun pico que se eleva desde unha plataforma con base cadrada de pedra, sobre a que descansa unha pilastra de pedra xunto á beirarrúa.
O vertedoiro está incrustado no chan.
A pilastra está rematada cunha peza de base rectangular do mesmo material e ten inscricións na súa parte frontal, con motivos circulares.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubícase no centro urbano, na Rúa da Costa, recentemente rehabilitada e que arrodea o complexo natural da Finca de Briz.
Localización
Lugar: Rúa da Costa
Parroquia: Santa María do Porto de Marín