Descrición

A Fonte do Río comparte espazo co Lavadoiro Río de Casás, no que se realizou recentemente unha intervención de remodelación da súa cuberta e a mellora de toda a contorna, do que tamén se beneficiou a fonte. Atópase detrás do lavadoiro e conta cun pico de pedra que sobresae dun frontón, tamén pétreo, rectangular e con esquinas achaflanadas. Nel pode lerse unha inscrición co nome da fonte e o ano de creación: 1991.

A cunca da fonte ten base rectangular e está inscrustada no chan, a pé de rúa.

Galería fotográfica

Emprazamento

Está situada nun cruzamento de camiños, xunto á regato que cruza o núcleo rural de Casás e enmarcada no conxunto patrimonial que conforma co Lavadoiro Río de Casás.

Localización

Lugar: Casás

Parroquia: Santa María de Ardán.

Mapa de Localización

Foto 360