Descrición
Fonte cunha gran pía de pedra, con base rectangular ubicada á pé de rúa sobre unha plataforma de formigón armado que foi recentemente rehabilitada. A fonte está nun espazo aberto, sen peches laterais, como moitas veces é habitual. No seu frontal, de pequeno tamaño e tamén rectangular, unido á base por un pico de pedra alongado polo que discorre a auga, pode verse unha inscrición en pedra tallada coa información toponímica.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubicada na estrada PO-550, que une Marín con Bueu, ao carón da rotonda que serve de conexión coa vía rápida que une Marín tamén co concello limítrofe de Pontevedra.
Localización
Lugar: Vilaseca
Parroquia: Santa María de Ardán.