Descrición
Fonte subterránea, aproximadamente a un metro baixo o nivel da rúa, con acceso a través dunha escaleira de pedra ata ela.
A fonte nace dunha parede de pedra, que contén o chan, mediante un burato circular. O pico metálico verte sobre unha cunca de forma redonda, á que lle segue unha canle de pedra esculpida no chan que conecta a auga co drenaxe de pluviais.
Fronte á fonte orixinal, hai unha construción de pedra con dous soportes metálicos, un que serve como pico de fonte e outro como cunca de recollemento da auga.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubicada a un lado da estrada provincial EP-1204, de acceso á praia do Loira, cercana ao río Loira e cun desnivel considerable respecto á estrada.
Localización
Lugar: Loira
Parroquia: Nosa Señora do Carme de Seixo