Descrición
Fonte dunha tubaxe, formada por unha canle de pedra labrada que sobresae dunha plataforma de pedra, onde soporta un frontón pétreo cunha inscrición do nome da fonte e o ano 1989. O frontón remata con esquinas achaflanadas.
A cunca está por baixo do nivel da rúa, accesible por ambos lados a través dunhas escaleiras de pedra, e ten forma rectangular.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubícase nun camiño de acceso ao núcleo de Casás, desde a Estrada PO-551, a uns 200 metros do núcleo de Casás.
Localización
Lugar: A Teoira
Parroquia: Santa María de Ardán