Descrición
Fonte de pico de pedra, que nace dunha parede que contén o terreo onde se asenta e que serve de apoio ao lavadoiro do mesmo nome. A cunca sobre a que cae a auga é tamén de pedra, de forma lonxitudinal, e está incrustada na pía do lavadoiro, ao que surte da auga de xeito continuo.
No seu lateral, a fonte conta cunhas pequenas escaleiras de pedra que permiten o acceso ata o pico de pedra para recoller auga, aínda que esta non ten garantía sanitaria para o seu consumo.
Galería fotográfica
Emprazamento
Atópase na estrada de Marín a Moaña PO-313, situada nun dos laterais dunha curva.
Localización
Lugar: Vista Alegre.
Parroquia: San Xián de Marín.