Descrición
Fonte dunha tubaxe, feita con canle de pedra labrada, que sobresae do muro de contención, a modo de frontón semicircular, cunha inscrición na súa parte central.
O cano está formado por unha canle lonxitudinal, que leva a auga a unha rede de pluviais, elevada dende o chan e que tamén surte ao lavadoiro que forma parte do conxunto patrimonial.
Galería fotográfica
Emprazamento
Atópase a un lado dunha vía rural que atravesa o núcleo de Cadrelo, xunto a lavadoiro do mesmo nome.
Localización
Lugar: Cadrelo.
Parroquia: Santomé de Piñeiro.