Descrición

Fonte de grande beleza, enmarcada nun frontón de pedra no que se adiviña unha figura xeométrica decorativa, no centro da cal, baixo unha forma semicircular, descansa unha virxe situada sobre un pedestal cadrado.

O pico da fonte sobresae dunha estrutura arredondeada ubicada debaixo deste pedestal  e a súa cunca, tamén de pedra, acaba vertendo a auga na pía do lavadoiro que conforma o conxunto patrimonial.

Galería fotográfica

Emprazamento

Ubícase no barrio de Cantodarea, nunha encrucillada, nunha pequena praza.

Localización

Lugar: Camiño de Pedreiras.

Parroquia: Santa María do Porto de Marín.

Mapa de Localización

Foto 360