Descrición
Fonte dunha tubaxe formada por un frontón de pedra que, na súa parte superior, está rematdo cunha peza semicircular. O pico da fonte ten forma de burato circular que simula a boca dunha ornamentación, que trata de debuxar unha figura facial.
A cunca sobre a que cae a auga ten forma semicircular e está unida ao frontón, lixeiramente elevada do chan grazas a unha plataforma de pedra.
Ao carón da fonte, hai tamén un banco de pedra.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubícase a un lado dun camiño de acceso a fincas rústicas, entre Vilaseca e a vía rápida.
Localización
Lugar: Vilaseca.
Parroquia: Santa María de Ardán.