Descrición
Fonte dunha tubaxe formada por un frontón de pedra de onde nace a fonte, en forma de canle de pedra labrada que sobresae do frontón, sobre unha plataforma de pedra, incrustada co chan.
Na súa parte superior, o frontón está rematado cunha peza de forma xeométrica, na que se pode ler unha inscrición co nome da fonte e o ano 1998.
A cunca é de forma rectangular e está incrustada na plataforma da fonte, a nivel de rúa.
A fonte ten anexos unha parede e un banco lateral, formando un conxunto patrimonial completo.
Galería fotográfica
Emprazamento
Sitúase nunha encrucillada dunha rúa que da acceso a Cernello e Santomé de Piñeiro desde o núcleo de Xermade.
Localización
Lugar: Anicón
Parroquia: Santomé de Piñeiro.