Descrición
Fonte dunha tubaxe, formada por unha canle de pedra labrada con bifurcación, que separa a auga para a fonte e para unha cunca que desauga. O pico de pedra sobresae dun frontón do mesmo material cunha inscrición da data de construción da fonte e cunha peza de acabado semicircular na súa parte superior.
A cunca ten base rectangular e está incrustada no chan, a nivel de rúa.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubícase a un lado dunha rúa que da acceso a parcelas privadas desde a estrada que une Allariz con Santomé de Piñeiro. Está nunha zona con forte pendente.
Localización
Lugar: Allariz.
Parroquia: Santomé de Piñeiro.