Descrición
Fonte dunha tubaxe formada por un cano de pedra labrada que sobresae dun muro que forma parte dunha construción maior. A cunca é de forma rectangular e tamén é de pedra. Está incrustada no chan, a pé de rúa.
Galería fotográfica
Emprazamento
Atópase a un lado dun camiño de acceso a parcelas privadas na contorna do Río Lameira, preto da Barriada de Suboficiais.
Localización
Lugar: Barriada Suboficiais
Parroquia: Santa María do Porto de Marín