Descrición
Fonte dun pico metálico que sae dun muro de contención do terreo, a través dunha canle de pedra labrada con forma rectangular. Baixo ela atópase a cunca, tamén de pedra, incristada no chan á que se accede a través dunhas escaleiras.
Ubícase xunto ao lavadoiro do mesmo nome, sen estar unido a el, senón formando unha composición patrimonial de elementos separados.
Galería fotográfica
Emprazamento
Atópase a 20 metros dunha rúa que une a estrada C-550 coa vía de acceso ás praias, nunha zona de hortas rurais.
Localización
Lugar: Aguete.
Parroquia: Nosa Señora do Carme de Seixo.