Descrición
Fonte dun pico de pedra tallada que se eleva desde un banco lonxitudinal de pedra na parede, creando un gran espazo para a recollida de auga. Enriba da fonte, sobre o muro de pedra, hai un portalón e unha inscrición en metal: «Macenlle».
A cunca, de base cadrada e tamén de pedra labrada, está apoiada no chan, baixo o nivel da rúa.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubicada nun camiño que sae da estrada de Marín a Moaña PO-313, en dirección ao núcleo de Macenlle.
Localización
Lugar: Macenlle.
Parroquia: San Xián de Marín.