Descrición
Fonte con pico de pedra lonxitudinal, cunha canle que sobresae do frontón, con forma circular. A cunca sobre a que cae a auga é de base cadrada e está colocada sobre unha plataforma, a modo de pedestal, que acaba por conectar o fluxo líquido co lavadoiro contiguo.
Galería fotográfica
Emprazamento
A fonte atópase en zona rural, concretamente no centro de Cadrelo, formando parte da estrutura patrimonial conformada polo lavadoiro do mesmo nome e nun terreo lixeiramente elevado.
Localización
Lugar: Pereiro
Parroquia: Santomé de Piñeiro.