Descrición
Fonte dunha tubaxe, cun tubo metálico que está insertado nun muro que sobresae do frontón pétreo. A cunca sobre a que verte a auga ten forma triangular e está elevada sobre o chan, onde hai un desaugadoiro.
Está xunto o lavadoiro do mesmo nome.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubícase nunha estrada que une O Pazo con Esperela dende a PO-313.
De xeito concreto, sitúase ao seu carón, nunha zona verde arrodeada de vivendas na súa maioría unifamiliares.
Localización
Lugar: Esperela
Parroquia: Santomé de Piñeiro.