Descrición

Fonte dunha tubaxe, feita de canle de pedra labrada que sobresae dun muro de cachotería, a modo de frontón, cunha inscrición na súa parte central e que forma parte dun muro de contención do terreo.

A cunca sobre a que verte a auga é de base rectangular, apoiada directamente no chan, unida ao frontón e con conexión á rede de pluviais.

Galería fotográfica

Emprazamento

Atópase a un lado dunha vía que accede a Resille dende a Estrada PO-551.

Localización

Lugar: Resille.

Parroquia: Santa María de Ardán.

 

Mapa de Localización

Foto 360