Descrición
Fonte dunha tubaxe que xorde dunha pilastra de pedra en forma de cruz.
A cunca, de base rectangular, é tamén de pedra labrada, e está situada no lateral da pía do lavadoiro.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubicada nun camiño que sae da estrada de Marín a San Xián, en dirección ao núcleo rural do Carballal, fronte a unha casa unifamiliar.
Localización
Lugar: Carballal.
Parroquia: San Xián de Marín.