Descrición
Fonte dunha tubaxe formada por un frontón de pedra rectangular, franqueada por un dobre banco unido ao frontón. A cunca, de forma redondeada, está incrustada no chan.
O frontón, na súa parte superior, está rematado cunha peza lonxitudinal, tamén de pedra.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubicada nunha vía de acceso a Outeiro, xunto ao río da Grela.
Localización
Lugar: Outeiro.
Parroquia: San Xián de Marín.