Descrición

A Fonte do Lameiro forma parte dunha construción maior, xunto co lavadoiro do mesmo nome. Trátase dunha fonte dun cano, formada por unha canle de pedra labrada que sobresae á súa propia fachada, composta por un frontón de pedra rectangular adosado ao muro rematado nunhas esquinas de forma achaflanada.

Neste frontón, a fonte conta cunha inscrición realizada nunha incrustación de pedra na que se pode ler o nome e a fecha de construción da fonte: 1990.

Galería fotográfica

Emprazamento

A fonte atópase na estrada de acceso a Cabodevila dende a PO-551.

Está a uns 15 metros da mesma, nunha rúa secundaria de acceso a parcelas.

Localización

Lugar: Lameiro

Parroquia: Santa María de Ardán

Mapa de Localización

Foto 360