Descrición

A Fonte do Casal é independente do lavadoiro que ten xunto a ela, aínda que formen parte dunha mesma unidade patrimonial. Trátase dunha fonte con dos canos que sobresaen do frontón que arma a estrutura, con forma cuadrículada en distintas alturas, imitando os chanzos dunha escaleira que nace desde a cota do chan.

Deste frontón sobresaen tamén dúas estruturas semicirculares a modo de cuncas de recollida. A cunca do chan sobre a que cae o líquido é de forma cadrada.

Galería fotográfica

Emprazamento

Ubícase nun camiño anexo á estrada PO-313, que une Marín con Moaña, á altura de Pardavila e Fixón, moi preto dun núcleo rural.

Localización

Lugar: Fixón.

Parroquia: Santomé de Piñeiro.

Mapa de Localización

Foto 360