Descrición
Fonte ubicada case ao nivel do chan, cun tubo metálico que sobresae dun frontón de pedra con xeométrica semicircular. A cunca ten forma cadrada e conta cunha plataforma pavimentada para chegar até a ela.
Forma conxunto patrimonial co lavadoiro da Roza, recén reformado.
Galería fotográfica
Emprazamento
Atópase a 10 metros da estrada de San Xián – A Roza, na vía de acceso a unha parcela privada.
Localización
Lugar: A Roza
Parroquia: San Xián de Marín.