Descrición
Fonte subterránea, ubicada aproximadamente a un metro por baixo do nivel da rúa, con acceso a través dunha escaleira.
A fonte nace dun muro de pedra, que contén o terreo, a través dunha canle de pedra labrada que sobresae do muro. A cunca na que cae a auga ten forma rectangular e está incrustada no chan.
Galería fotográfica
Emprazamento
Sitúase a un lado da estrada EP-1203 Campo – Pardavila, no medio do núcleo rural de Ruanova.
Localización
Lugar: Ruanova
Parroquia: Santa María do Campo.