Descrición
Fonte dunha tubaxe formada por unha pilastra de base rectangular de pedra, da que nace a fonte, que ten un pico en forma de burato circular da que sobresae unha canle en forma de cunca lonxitudinal.
A cunca sobre a que cae a auga é rectangular e está suxeita á pilastra.
A pilastra ou frontón, na súa parte superior, remátase cunha peza de pedra rectangular, a modo de moldura.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubicada a un lado dunha rúa de acceso ao lugar de Bexa.
Localización
Lugar: Bexa.
Parroquia: Nosa Señora do Carme de Seixo.