Descrición
Fonte que serve para verter auga no lavadoiro do mesmo nome e que nace dun frontón de pedra, do que sobresae unha tubaxe pola que sae a auga. A cunca da fonte ten forma circular e conta cunha canle lonxitudinal que se une coa pía do lavadoiro para verter sobre ela o líquido.
Galería fotográfica
Emprazamento
Ubícase nun camiño de acceso a fincas rústicas próximas ao núcleo rural de Currás, situada a un lado da estrada.
Localización
Lugar: Currás.
Parroquia: Santa María do Campo.