Descrición

A Fonte do Castiñeiro forma parte da construción completa do lavadoiro L14. Ten un pico de pedra tallada polo que discorre a auga, incrustado nun frontón, tamén de pedra, cun elemento de acabado semicircular. A cunca é de base cadrada e está elevada sobre o chan, de tal xeito que o fluxo da auga poida continuar e descargar sobre a pía do lavadoiro.

Galería fotográfica

Emprazamento

A fonte está ao carón dunha estrada de San Xurxo de Mogor, arrodeado de pequenas construcións de vivendas unifamiliares. Accédese a través dunha pequena rampa e escaleiras de pedra, desde o alto das cales pode verse unha boa vista da ría.

Localización

Lugar: Porteliña.

Parroquia: San Xurxo de Mogor.

Mapa de Localización

Foto 360