Descrición

Fonte dunha tubaxe metálica formada por unha pilastra con base de pedra cadrada, unida a unha gran peza de pedra xunto á beirarrúa, na que se pode ler unha inscrición que versa: «Puente Zapoal, año de 1934».

A pilastra está rematada cunha peza piramidal truncada cunha base cadrada do mesmo material e con inscricións laterais, con motivos animais, a ambos  lados da fonte.

A cunca na que verte a auga está incrustada no chan.

Galería fotográfica

Emprazamento

Ubícase no Camiño Ponte Zapal, nunha intersección de rúas na contorna da Finca de Briz, na parte baixa duns xardíns.

Localización

Lugar: Camiño Ponte Zapal, xunto á Granxa de Briz.

Parroquia: Santa María do Porto de Marín.

Mapa de Localización

Foto 360